EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN

EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN

lunes, 17 de octubre de 2022

O SAMAÍN

 XA CHEGOU O SAMAÍN!!!    

    Sabías que o SAMAÍN ten máis historia ca Halloween? Pois si! A celebración de Halloween inspirouse nesta festa celta.      Cando os celtas habitaban Galicia, o seu calendario era moi diferente do noso. O seu aninovo era o 1 de novembro, en troques do 31 de decembro.     Nesta data remataba a estación da luz e comezaba a da escuridade, O INVERNO.
    Esta noite, a que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, non pertencía nin a un ano nin a outro... era a súa noite máxica.
    Logo chegaron os romanos e máis tarde os cristiáns e, pouco a pouco, foise cambiando a festa orixinal. Este día pasou a ser o "Día de Todos os Santos" de onde ven Halloween.

Recursos

Facendo clic nas imanes poderás acceder a xogos, música, contos,... 

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

                                              Symbaloo do Samaín

Pincha neste Genially e toparás numerosos recursos

Xogo de Samaín


Podes atopar máis recursos no Portal da Lingua